5 de mayo de 2014

MERENDA CON CONTOS

Merenda con contos”.

Organizamos un faladoiro sobre un libro lido polos nenos de 3º, 4º, 5º, e 6º con unhas actividades e xogos relacionadas co tema.

 Mercouse un caderniño a cada alumno para que puidesen facer as anotacións pertinentes como: frases que lles impactaron, lectura en alto de parágrafos que tiñan un significado especial,... traballando especialmente as emocións e os valores. 




MIL COUSAS PODEN PASAR de Jacobo   Fernández

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou “que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.”





La jirafa, el pelícano y el mono de Roald Dahl

El pequeño Billy descubre que la vieja y misteriosa tienda de golosinas de la esquina está habitada por tres nuevos inquilinos. Pronto se convertirán en sus mejores amigos y juntos vivirán divertidas aventuras. La fantasía y el humor se dan cita en este disparatado relato lleno de ingenio y gracia. Las originales ocupaciones de los limpiaventanas aseguran la diversión hasta el final. Las ilustraciones de Quentin Blake, ilustrador inseparable de Roald Dahl, complementan la propuesta del texto potenciando el tono humorístico.



  

 Ás de Mosca para Anxo de Fina Casalderrey


¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.





El bosque de los grumos de Carlo Frabetti

Un día mientras está buscando setas en el bosque, un niño ve una extraña rana               mordisqueando un hongo venenoso. 

Pero pronto descubrirá que no es una rana, sino un grumo, y que en el bosque vive una vieja bruja que sabe mucho sobre hongos y venenos, y también una bellísima y peligrosa lamia de ojos verdes...





NO CORAZON DO BOSQUE   AGUSTIN FERNANDEZ PAZ 


Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi boa amigos. Nas festas de nadal, derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben. No corazón do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante:.a convivencia dentro da familia, os conflictos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro está constituído, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.




No hay comentarios:

Publicar un comentario