5 de mayo de 2014

ABRIL, MES DOS LIBROS


VISITA de IAGO LÓPEZ co APRENDIZ do HOME do SACO

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo tiveron unha visita moi especial.


O Aprendiz do Home do Saco, contado por Iago López, que lles fixo pasar uns momentos de moito medo, pero moi divertidos.



VISITA de ABRAHAM CARREIRO

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º ciclo tamén tiveron unha visita extraordinaria:
ABRAHAM CARREIRO, debuxante, ilustrador, deseñador gráfico e tamén escritor.

Con XOELIKI  gozamos coas aventuras duns piratas informáticos que loitan contra o malvado Mr. Virus e os seus maléficos plans para facerse co control da Internet e así dominar o mundo.

Con ESTUDIOS TEX, achegounos a todos ao marabilloso mundo dos debuxos animados.

ABRAHAM agasallounos cunhas fantásticas ilustracións dos seus personaxes.




APADRIÑAMENTOS  LECTORES

O martes, 22 de abril, os padriños e madriñas voluntarios van coñecer aos seus afillados/as.
Visualización de películas relacionadas cos libros:
Os alumnos de Infantil, 1º e 2º ciclo: A princesa prometida.
Os alumnos de 3º ciclo: Farenheit  451.

 O venres 25, os padriños e madriñas léronlle o conto que prepararon para os seus afillados/as.



AVÓS

O mércores 23, AVÓS voluntarios contaron contos aos nenos do colexio e outros relatáronnos as súas experiencias na escola.
 Moitas grazas avós por esta fermosa experiencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario