2 de noviembre de 2013

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde a Biblioteca empezamos de novo unha viaxe, esperamos que nos acompañedes nela!

No mes de outubro abrimos de novo as portas das nosas bibliotecas para todo o alumnado. Poñemos en marcha as mochilas viaxeiras e as caixas viaxeiras, comezamos co préstamos de libros  e películas e coa búsqueda de libros de consulta  para facer os nosos traballos.

A semana do 21 ao 25 de outubro é un pouco especial, pois a biblioteca está sempre chea de nenos que están facendo actividades de formación de usuarios con algún profesor do equipo de biblioteca. Para os máis pequenos facemos algunha animación para presentar novidades.







No mes de outubro e novembro hai miles de historias de Medo e Misterio esperando por ti.


 




Empeza o outono e con el chega o tempo do Samaín. 
A biblioteca organiza un:

 Concurso de Relatos de Medo







- Deberán estar escritos en galego.
 - Valorarase a presentación (con bolígrafo, boa   letra, títulos adornados, debuxos,...).
- Os traballos deberán levar portada.
- Educación Infantil e 1º ciclo poderá ser unha historia colectiva.
- 2º e 3º ciclo os traballos serán individuais.
- Haberá 1 premio por curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario