1 de mayo de 2013

Semana do libro 19-24 de abril


   O 19 de abril comezaron os actos do día do libro. Foi Viky Pérez, a animadora de Santillana, quen nos agasallou cunha fermosa posta en escena dos contos, que previamente lera todo o alumnado, dándolles vida a eses máxicos relatos e facendo participar aos nenos converténdoos en protagonistas e trasladándoos do mundo real ao mundo dos soños.
Os alumnos de 1º ciclo: ¡No funcionala tele! de Glenn McCoy.
Os alumnos de 2º ciclo: Ocho aventurasde Guillermo el travieso, de Richmal Crompton.
Os alumnos de 3º ciclo: Querido hijo:estás despedido, de Jordi Sierra i Fabra.

   O 23 de abril celebramos o día do libro para fomentar a lectura. Coincide co falecemento de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data. Este día o noso protagonista foi o LibroTodas as clases, desde Infantil ao 3º ciclo pasaron polas Bibliotecas do centro para disfrutar lendo os seus libros favoritos e algunhas clases, coa lectura continuada do Quixote

   Ademais o alumnado de infantil recibiu os contos personalizados que lle escribiron os nenos e nenas de primaria, quenes a cambio foron obsequiados cun marcapáxinas feito polos alumnos e alumnas de infantil.

   O 24 de abril dúas mestras do colexio fixeron unha animación na biblioteca para o alumnado de infantil dos libros A partes iguais de Darabuc & Lina Žutauté e Un libro de Hervé Tullet. 

   Agradecémoslle ó grupo Cuchufellos que nos permitiran usar o seu tema "Galego reaggue", que podedes escoitar no seguinte vídeo, onde se inclúen imaxes das actividades descritas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario