MARZO:
POESÍA E NATUREZA
8 de
marzo: día da muller traballadora.
Durante a semana do 2 ao 8 de marzo realizaremos tarefas para celebrar o día da muller
traballadora, en memoria da aspiración de tantas mulleres por formar parte
activa da sociedade e ser consideradas iguais que os homes.
-
Elaboración de traballos sobre mulleres que,
desde diversos ámbitos, melloraron a nosa existencia: Hipatia, Marie curie,
Rosalía de Castro, , María Montessori, Frida Kahlo,…
-
Entrevistas a mulleres que están realizando
actividades que habitualmente facían homes: camioneiras, condutoras de autobuses,
taxistas,…
Do 9 ao
13 de marzo: semana da prensa
Un día desta semana traballaremos na aula con
xornais para acercar aos alumnos a este tipo de textos, descubrir a diversidade
de medios de información, reforzar a lectura e a escritura e desenvolver o
espírito crítico.
11 de
marzo: merenda con contos
Faladoiro sobre os libros lidos polos alumnos
de:
3º- Querida Susi, querido Paul de Christine
Nöstlingher
4º- Querida abuela…tu Susi de Christine Nöstlingher
5º- Bárbara contra el doctor Colmillos de Rosa
Montero
6º- Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández
21 de
marzo: día da árbore e día da poesía
Celebraremos este día para reflexionar sobre o
poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada
persoa.
O
principal obxectivo é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión
poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas a ser un vehículo de
comunicación nas súas comunidades respectivas.
A Biblioteca convoca un concurso de poesías:
-
Tema: A Natureza
-
Idioma : Galego
-
Entrega: 19 de marzo
-
Lectura dos premiados: 26 de marzo
na Biblioteca Amarela
25 de
marzo: Dramatización de ORELLAS DE BOLBORETA E OS TRES PORQUIÑOS Biblioteca para
alumnos de E. Infantil, 1º e 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario